» In English
» Castellano
» Português

Bandeira Galega (civil)A Bandeira Galega

Contidos nesta sección:
» Orixe da Bandeira Galega moderna
» A Cruz de Santo André na Bandeira Galega
» A Bandeira Galega de Estado

Visita tambén estas páxinas:
» Datas de Izado da Bandeira
» Canto á Bandeira Galega ("En Pé!", 1917)
» Bandeiras Galegas no teu computador
» Bandeira do Reino Galego
» Bandeira da Dinastía Real Sueva do Reino de Gallaecia



Merca xa a túa bandeira!..»

Bandeira de Calidade - Medidas: 150x90cm - Tela: poliéster

Distribuidores..»

É vostede un comercio ou asociación? Desexa vender estas bandeiras na sua tenda ou distribuilas nun evento?
Orixe da Bandeira Galega moderna

A nosa bandeira galega moderna naceu durante o século XIX inspirada na bandeira da Comandancia Naval da Coruña.

Durante este periodo, milleiros de galegos emigraban todos os meses ás Américas para escapar da depresión económica e política na que se encontraba o noso país. O principal porto de saída de emigrantes era o da Coruña.

A tradición conta que os emigrantes asimilaron que a bandeira naval da Coruña que ondeaba no porto e nos paquebotes transatlánticos era de feito a bandeira do país galego. Chegados ao novo continente, os emigrantes americanos comezaron a utilizar a bandeira naval da Coruña como bandeira galega. Anos máis tarde, a bandeira branca e azul cruzou o atlántico de volta e foi adoptada na nosa terra como a bandeira moderna galega.

"La Bandera Gallega sólo tiene dos colores: blanco y azul. El fondo es blanco, y desde el ángulo superior de la izquierda hasta el ángulo inferior de la derecha, atravesando el centro, una franja de color azul que debe tener de ancho la tercera parte del alto o ancho total de la bandera", publicado no ano 1898 no xornal "El Eco de Galicia", La Habana, Cuba.


A Cruz de Santo André, orixe da moderna bandeira galegaA Cruz de Santo André na Bandeira Galega

Orixinalmente, a bandeira naval da Coruña era unha cruz diagonal azul sobre fondo branco. Esta cruz en forma diagonal é coñecida polo nome de "Cruz de Santo André". Santo André é o Santo Patrón de Escocia e tambén é un dos santos máis populares do noso país con 72 parroquias galegas adicadas ao seu nome.

Cruz de Santo André na bandeira escocesa

Cruz de Santo André na bandeira naval da Coruña, 1845-1891

Evolución final: a moderna bandeira galega

No ano 1891, a cruz de Santo André coruñesa foi modificada co fin de evitar confusións coa bandeira da mariña do imperio de Rusia, que tamén tiña como bandeira unha cruz diagonal azul sobre branco. A modificación consistiu en restarlle á cruz un dos seus dous brazos diagonais, resultando no formato da nosa bandeira galega moderna.

Moitas das bandeiras nacionais dos países de Europa están inspiradas en cruces latinas, en cruces gregas, en bandas horizontais ou en bandas verticais. Mais somentes dúas bandeiras nacionais europeas consisten exclusivamente en trazos diagonais inspirados na cruz de Santo André: a bandeira galega e a bandeira escocesa.

» Le o artigo completo sobre A Cruz de Santo André, orixe da moderna bandeira galega


Bandeira oficial galega
Armas do Reino galego
Bandeira de Estado ou institucional
Bandeira Oficial e Bandeira de Estado

A Lei 5/1984 de Símbolos de Galicia do 29 Maio 1984 fixou as proporcións exactas da bandeira nacional oficial en tres módulos de longo por dous de largo, cunha banda azul celeste en proporción 3 módulos de longo / 6 ou o equivalente en 0.5. A bandeira nacional é a bandeira galega oficial e pode ser utilizada por todos os galegos.

O Santo Graal, ou cálice do sangue de Cristo, foi a bandeira e escudo de armas do reino galego desde o século XIII. A representación moderna do escudo galego foi fixada no ano 1972 pola Real Academia Galega. A RAG propuxo á Xunta de Galicia de conservar a memoria da bandeira galega antiga dentro da bandeira galega moderna. O resultado foi a superposición das armas ou escudo galego sobre a bandeira nacional, formando o que en Vexiloloxía -a ciencia que estuda as bandeiras- se chama 'Bandeira de Estado'. A bandeira de estado ou 'institucional' galega é a que debe figurar nos actos oficiais do governo e institucións galegas.

Bandeira Galega de Estado ou "Oficial""A bandeira de Galicia deberá levar cargado o escudo oficial cando ondee nos edificios públicos e nos actos oficiais da Comunidade Autónoma", Lei 5/1984 de Símbolos de Galicia, Artigo 2.2.

Outras ligazóns de interese:
» Lei 5/1984 de Símbolos de Galicia do 29 Maio 1984
» Xunta de Galicia > A Bandeira Galega e O Escudo Galego
» HimnoGallego.com > O Hino Nacional Galego
» Hino do Antigo Reino (MP3 1.995 K)
» Hino Galego (versión instrumental) (MP3 2.236K)
» Hino Galego (versión vocal) (MP3 1.916 K)
» Canto á Bandeira Galega ("En Pé!", 1917)


Merca xa a túa Bandeira Galega!

» Medidas: 150 x 90 cm / Material: tela poliéster.

» Bandeira de calidade, inclúe dous aneis laterais metálicos para o seu izado.

» Fai clic aquí para ver unha listaxe de pontos de venda onde mercar a túa Bandeira Galega...»

Voltar á Páxina Principal