» In English
» Castellano
» Português

Bandeira do Reino GalegoBandeira do Reino Galego

Contidos nesta sección:
» Milenario Símbolo Histórico Galego
» Evolución na Historia da Bandeira Galega
» Santo Graal: interpretacións céltica e cristiá

Visita tambén estas páxinas:
» O Santo Graal da Galiza: Mil Anos de Historia
» Datas de Izado da Bandeira
» Bandeiras Galegas no teu computador
» Bandeira Galega (civil e de Estado)
» Bandeira da Dinastía Real Sueva do Reino de Gallaecia



Merca xa a túa bandeira!..»

Bandeira de Calidade - Medidas: 150x90cm - Tela: poliéster

Distribuidores..»

É vostede un comercio ou asociación? Desexa vender estas bandeiras na sua tenda ou distribuilas nun evento?
Milenario Símbolo Histórico Galego

Con case un milenio de antigüidade, o Santo Graal é o símbolo histórico que máis longo ven representando ao país dos galegos como institución política. O Graal como bandeira e armas dos reis de Galyce aparece por primeira vez documentado nun armorial inglés do século XIII.

A representación gráfica das armas do Reino Galego foi evolucionando continuamente através dos séculos; do orixinario Graal pechado nun relicario pasouse á súa representación en forma aberta; o orixinario campo azul da bandeira diversificouse tamén en vermello e branco; e o orixinario Graal en campo liso sen nengún engadido pasou a conter decoración diversa como anxos e un número variable de cruces, entre unha, seis, sete, ou en campo sementado. O Graal foi primeiramente o símbolo dos Reis Galegos medievais e, na Idade Moderna, pasou a ser un brasón no escudo xeral dos reis de Hespaña, que tambén eran reis do Reino Galego.

A representación oficial e actual das Armas ou Escudo Galego foi fixada en 1972 pola Real Academia Galega. A superposición das armas ou escudo galego sobre a bandeira nacional forma o que en Vexiloloxía -a ciencia que estuda as bandeiras- se chama 'Bandeira de Estado'. A Bandeira de Estado ou Institucional galega é a que debe figurar nos actos oficiais do Presidente, do Governo ou Institucións galegas.

» Le o artigo: O Santo Graal da Galiza: Mil Anos de Historia



Armas do Reino Galego no Mapa de Oxea, Flandres, 1612


Representación militar: O Reximento Galicia, 1715, orixinado nas tropas galegas do Tercio de Lombardía, 1566


Pabellón de Guerra do Tercio de Gallegos - Hijos y Oriundos del Reyno de Galicia, Arxentina, 1806
Evolución na Historia da Bandeira Galega

O Santo Graal, ou cálice do sangue de Cristo, como armas do Reino Galego aparece documentado por primeira vez no Armorial Segar de Inglaterra, datado arredor do ano 1282. Neste armorial das principais casas reais europeas, as armas dos reis de Galyce aparecen como tres graales sobre un campo de tonalidade azul, en disposición e cores similares ás armas do Reino de Suecia.

As posteriores representacións documentadas das armas do Reino Galego mostran o Santo Graal pechado nun relicario de ouro rematado en cruz sobre un campo de bandeira de fondo azul; así aparece xa no Armorial Bergshammar (Suecia, 1436) ou no Armorial Gymnich (Flandres, 1445). No noso país conservamos en pedra, datadas nos séculos XV e XVI, múltiples representacións do Santo Graal como representación do Reino Galego: o Hospital Real de Santiago (actual Hostal dos Reyes Católicos), o Concello de Betanzos, a Porta de San Miguel nas murallas da Coruña, o órgano da Catedral de Lugo, a torre da igrexa de Noia, a residencia dos Moscoso en Laxe, etc... Modificando as primeiras representacións históricas do Graal sobre campo azul comezan a aparecer no século XV outras variantes da bandeira que mostran o Graal sobre campo branco ou vermello, este último sendo utilizado nos estandartes de reximentos militares, e a adición de motivos decorativos como anxos ou cruces.

As múltiples cruces que acompañan ao Santo Graal na bandeira do Reino Galego foron engadidas no século XVI como ornamento para completar o espazo baleiro arredor do Graal. Orixinariamente, o número de cruces representado foi 6 -tres a cada beira do cálice- que sumaban un total de 7 contando a cruz na que terminaba o relicario do Graal. Estas 6 cruces aparecen tambén baixo forma de estrelas (símbolo das Igrexas Galegas de Lugo, Iria, Britonia, Tui, Ourense e Astorga) ou vieiras (Brasón da Coruña). A partires do século XVII desapareceu o relicario do Graal, mais a cruz na que remataba o relicario conservouse e sumouse ao resto das cruces que arrodean o cálice. Posteriormente, algún autor quixo explicar as sete cruces coas cidades do antigo Reino Galego. Tal afirmación é incorrecta. As cruces que arrodean o Santo Graal non foron creadas con nengunha significación provincial senón que foron creadas por simples motivos decorativos.

A representación moderna e oficial das Armas ou Escudo Galego foi fixada no ano 1972 pola Real Academia Galega. A RAG propuxo á Xunta de Galicia de conservar a memoria da bandeira galega antiga dentro da bandeira galega moderna. O resultado foi a superposición das armas ou escudo galego sobre a bandeira nacional, formando o que en Vexiloloxía -a ciencia que estuda as bandeiras- se chama 'Bandeira de Estado'. A Bandeira de Estado ou Institucional galega é a que debe figurar nos actos oficiais do Presidente, Governo ou Institucións galegas.

» Le o artigo: O Santo Graal da Galiza: Mil Anos de Historia




O Santo Graal do Cebreiro




O Tristán artúrico na barca ao reino dos mortos. Porta Francíxena da Catedral de Santiago, séc.XII
O Santo Graal : interpretacións céltica e cristián

A idea relixiosa de obxectos con propriedades máxicas xa existía moito antes do Cristianismo. A mitoloxía irlandesa recolle cómo o Rei Dagda, sucesor do Rei Lugo, monarcas anteriores á chegada dos fillos de Breogán, posuía un caldeiro coa propiedade de resucitar aos mortos.

Este mito foi retomado por poetas britóns no albor do primeiro milenio coa Materia de Bretaña ou aventuras do Rei Artur. A lenda conta que o Santo Graal foi o cálice do que bebeu Xesucristo na Derradeira Cea, logo utilizado por Xosé de Arimateia para recoller o sangue do Cristo tras a sua crucifixión. Tempo despois, o Graal foi transportado por barco polo Atlántico e finalmente agachado na illa de Britannia. Segundo as historias da Materia de Bretaña, o Rei Artur e os seus cabaleiros pasarían o resto da sua vida na busca do Graal sagrado. As aventuras do Rei Artur gozaron de extraordinaria popularidade na Europa medieval, e moi especialmente en todo o arco celtoatlántico de Galicia a Irlanda.

O Santo Graal da bandeira do Reino Galego é un símbolo con case 1.000 anos de historia gráfica documentada. A sua simboloxía pode ser interpretada desde unha dobre óptica cristiá ou pagá. Como símbolo cristián, representa ao Santo Graal que garda o sangue de Cristo, sendo reforzado polo excepcional privilexio histórico da Igrexa de Lugo de poder mostrar públicamente a Hostia ou corpo de Cristo; pola tradicional lenda da miragre do Cebreiro; e pola importante conexión artúrica galega coa Materia de Bretaña. Como símbolo pagán, a Hostia que baixa camiño do cálice simboliza o sol antes de morrer no mar, onde remata a terra. Nas antigas relixións atlánticas e indoeuropeas, o deus sol morre no mar e é levado en barco cara o fin do mundo, para volver a reaparecer ou volver da morte ao día seguinte. O solpor no mar é a Hostia que se afunde no cálice, é unha representación milenaria galega, unha representación da terra do fin do mundo, a fisterra.

Ligazóns de interese:
» André Pena, Historiador > Cristianismo Celta ou Paganismo Residual: O Santo Graal
» Britonia > A Materia de Bretaña en Galicia
» Lendas de Galiza > Galaaz en Galiza


Merca xa a túa Bandeira histórica da Galiza!

» Medidas: 150 x 90 cm / Material: tela poliéster.

» Bandeira de calidade, inclúe dous aneis laterais metálicos para o seu izado.

» Fai clic aquí para ver unha listaxe de pontos de venda onde mercar a túa Bandeira do Reino Galego...»

Voltar á Páxina Principal