![]() | »
In English » Castellano » Português |
|
![]() |
![]() Cruz de Santo André Contidos nesta sección: » Historia da Cruz de Santo André » A Cruz de Santo André, orixe da moderna bandeira galega » Quero mercar esta bandeira! Visita tamén estas páxinas: » Bandeiras cristiás galaicas: A Cruz Azul » Bandeiras cristiás galaicas: A Cruz de Sant-Iago » Bandeira da Dinastía Real Sueva do Reino de Gallaecia » Bandeira do Reino Galego |
Historia
da Cruz de Santo André![]() No Evanxeo, Santo André aparece nos momentos máis transcendentes do nacemento do Cristianismo: presente na Derradeira Cea, testemuño da Ascensión, e dos dons do Pentecostes. ![]() Por mor da súa relación co santo, a cruz diagonal converteuse no símbolo do Santo André, do mesmo xeito que a Cruz Latina é o símbolo de Xesucristo, ou a cruz-espada é a Cruz de Santiago. |
A
Cruz de Santo André, orixe da moderna bandeira galega
St André é
o Santo Patrón dos Pescadores e tamén o Santo Patrón
de varios países, entre eles Escocia e Rusia, que utilizan a Cruz
de St André en bandeiras (na Escocia como bandeira nacional, e
na Rusia como enseña naval).
No ano 1845, sendo daquela A Coruña a capital do Reino galego, adoptouse como bandeira da recentemente creada Provincia Marítima unha Cruz de St André azul sobre campo branco. (Podes aprender máis sobre a historia das Provincias Marítimas no artigo sobre as bandeiras das administracións provinciais). Esta enseña tivo unha repercusión fundamental na simboloxía galega moderna, pois esta bandeira acabaría convertíndose na actual bandeira galega. Despois de tres Séculos Escuros, o Estado español abolía formalmente o Reino galego no ano 1833. Ao deixar de existir o Reino galego e as súas institucións, deixaron de verse en público os símbolos oficiais do Reino galego. A finais do séc.XIX, a xente do común que emigraba ás Américas descoñecía a simboloxía histórica do Reino. Esta ignorancia posibilitou que, sendo Coruña a daquela capital galega -e a Cruz de St André a bandeira que ondeaba nos seus barcos- os emigrantes comezaran a asociar esa bandeira coa Galiza e a utilizala como se fose a bandeira galega. Así, a Cruz de St André apareceu ondeando como Bandeira da Galiza no mastro principal do Centro Galego de La Habana, como demostra unha ilustración de finais do séc.XIX. A grande cantidade de emigrantes daquela residentes en La Habana, e o dinamismo económico e cultural da comunidade emigrante (con persoeiros como Curros Enríquez) en contraste coa depresión que nese tempo afectaba a Galiza, facilitaron que a comunidade emigrante convertise esta enseña como a nova bandeira galega. Rusia interfire e a Cruz perde un dos seus brazos ![]() ![]() A enseña da provincia marítima da Coruña consolídase como a nova bandeira galega Impulsada como nova bandeira galega polos emigrantes, parte do nacente movimento Rexionalista comezou tamén a utilizar a modificada enseña da Provincia Marítima nos seus actos. Mais este proceso de aceptación do novo símbolo non foi instantáneo nen consensuado, e tardou medio século en callar na sociedade. A comezos do século XX, o arquiveiro da recentemente fundada Real Academia Galega, César Vaamonde Lores, denunciaba no Boletín da Academia que a símboloxía histórica galega estaba a ser "substituida pola da matrícula da Coruña, isto é, branca cunha banda azul. De xeito que esta bandeira, que non é outra que a que usa a Comandancia da Mariña do noso porto [A Coruña], e cuxa xurisdicción non vai alén dos límites da bahía, aparece agora adoptada como pabellón de toda a Galiza enteira". Esta situación de confusión social sobre a bandeira tradicional galega ainda chegou ata os tempos anteriores ao I Estatuto, segundo escribiu Castelao en 1937: "Lémbrome de que nas longas discusións que na nosa Terra se promoveron encol da Bandeira tradicional da Galiza, ninguén acertou a demostrar cómo era e cáles eran as súas coores. Somentes os que calabamos sabiamos que a Bandeira tradicional da Galiza nin era branca coa cruz de Sant-Iago no centro nin era azul e branca". A cuestión de fondo nesta confusión era que a abolición do Reino galego no ano 1833 deixara na sociedade un valeiro de símbolos, coñecimento, e publicidade da simboloxía oficial histórica galega. A pesar do seu descoñecimento da simboloxía histórica do Reino, os galegos do exterior foron conscientes da necesidade de símbolos nacionais para representar a Galiza, e adoptaron inicialmente a bandeira coa Cruz de Santo André que eles viran ondeando nos barcos da Coruña, daquela capital galega. Este novo símbolo, promovido activamente polos galegos do exterior, tardou case un século en callar socialmente como a moderna bandeira galega. Despois de ter estado prohibida durante a maior parte do século XX por dúas ditaduras españolas (Primo de Rivera, 1923-1930, e Franco, 1939-1975), a actual bandeira galega, outrora Cruz de Santo André, foi declarada oficialmente Bandeira da Galiza polo restaurado Parlamento galego no ano 1984. |
||||
» Medidas: 150 x 90 cm / Material: tela poliéster. ![]() » Fai clic aquí para ver unha listaxe de pontos de venda onde mercar a túa Bandeira da Cruz de Santo André...» |
|