![]() | »
In English » Castellano » Português |
|
![]() |
![]() do Reino de Gallaecia Contidos nesta sección: » Recreación dunha Bandeira Histórica Galaica » O Galliciense Regnum e a Casa Real Sueva » Simboloxía e usos desta Bandeira Galaica Visita tambén estas páxinas: » A Reconstrucción da Bandeira da Dinastía Real Sueva de Gallaecia » Datas de Izado da Bandeira » Bandeiras Galegas no teu computador » Bandeira Galega (civil e de Estado) » Bandeira do Reino Galego |
O 15 de Febreiro de 1669 a Cátedra de Lugo apresentou un documento á Xunta Xeral do Reino Galego no que afirma que "(...) de aquí tuvo principio y se originó borrar el Dragón verde y León rojo (armas de los Reyes suevos que al tiempo tenían en este Reyno su corte), y trasladar al dorado campo del escudo de sus armas, la Hostia, no dentro de vaso Sacramental oculta (...)". Este documento foi logo recollido en 1927 por Pérez Constanti no seu libro "Notas Viejas Galicianas". Tomando como base esta referencia histórica, e de acorde coa descripción da Xunta Xeral do Reino Galego de 1669, reproducimos unha bandeira moderna con campo ou fondo dourado sobre o que aparecen un dragón verde e un león vermello. A posición do dragón e do león na bandeira determinouse dacordo co uso común e corrente na heráldica europea, é dicir, dúas bestas en posición rampante enfrontadas a unha á outra. A bandeira da Dinastía Sueva do Galliciense Regnum é un símbolo ideal para todo aquel interesado na historia, na simboloxía, ou na identidade galaica. Dunha banda, este é un símbolo que representa toda a forza dun periodo onde os galaicos e a sua monarquía crearon o primeiro estado da historia medieval europea. Doutra banda, é este un símbolo integrador, que pode ser compartido por todos aqueles territorios do antigo Reino da Gallaecia que sobrancean a Comunidade Autónoma actual: o norte de Portugal, O Bierzo, Asturias, e León. » Le o artigo sobre A Reconstrucción da Bandeira da Dinastía Real Sueva de Gallaecia |
||||||
Entre os anos 407 e 410 chegaron á Gallaecia varios milleiros de xermanos da tribo sueva e asinaron cun afeblecido Imperio Román un tratado polo cal asumían o control político deste territorio. O primeiro rei suevo, Hermerico, estableceu vencellos feudais cos xefes das diferentes trebas galaicas, converténdose no primeiro rei feudal da Europa Medieval, e o seu reino, o Galliciense Regnum, no primeiro Estado europeo da historia medieval. Durante case 200 anos, a Dinastía Real Sueva governou eficientemente o reino de Gallaecia, creando un sistema monetario nacional galaico, unha igrexa nacional galaica, e unha política exterior de alianzas estratéxicas con Borgoña e Constantinopla, no Imperio Román de Oriente. Durante o reinado da monarquía sueva acadouse tamén a máxima expansión territorial histórica do Reino galaico, anexionando novos territorios en parte da Hispania Bética, conquerindo parte da Lusitania, e saqueando as principais cidades da Hispania Tarraconensis. A dinastía sueva perdeu a coroa do Galliciense Regnum cando o Rei Andeca de Gallaecia foi derrotado en batalla polo rei visigodo Leovixildo no ano 585. Substituindo á Casa Real Sueva, a dinastía dos visigodos converteuse na nova monarquía do Reino de Gallaecia, que seguiu a manter a sua estrutura institucional, como testemuña o título do Rex visigodo Leovixildo, rei de Gallaecia, Hispania e Narbonensis", ou a carta do Papa Gregorio Magno ao posterior rei visigodo Recaredo, chamándoo Rei dos Godos e dos Suevos. A dinastía visigótica só puido governar o Reino de Gallaecia durante pouco máis dun século, xa que se desintegrou políticamente coa invasión árabe da Hispania en 711. Ligazóns de interese: » Fillos de Galicia > O Reino Galego dos Suevos » Páxina persoal > Los Suevos: El Reino de Galicia » Galipedia > Cronoloxía dos monarcas da dinastía sueva do Galliciense Regnum » Mapa de Europa > Reinos de Europa, ano 526 |
||
As bandeiras históricas reprodúcense en todos os países da Europa por diferentes motivos: decoración en festas folclóricas e festivais históricos, coleccionismo e uso persoal, recuperación de simboloxía e memoria histórica, engadir colorido a reunións e eventos deportivos, etc... Esta bandeira da Monarquía Sueva do Galliciense Regnum é unha reproducción moderna, inspirada en referencias literarias históricas. Descoñecemos os detalles exactos da bandeira da monarquía galaica do século V mais, inspirados na pervivencia da súa memoria histórica, podemos utilizala no noso século XXI como outro símbolo proprio dos galaicos de hoxe en día. A bandeira da Dinastía Sueva do Galliciense Regnum é un símbolo ideal para todo aquel interesado na historia, na simboloxía, ou na identidade galaica. Dunha banda, este é un símbolo que representa toda a forza dun periodo onde os galaicos e a sua monarquía crearon o primeiro estado da historia medieval europea. Doutra banda, é este un símbolo integrador, que pode ser compartido por todos aqueles territorios do antigo Reino Galego que sobrancean a Comunidade Autónoma actual: o norte de Portugal, O Bierzo, Asturias, e León. Os animais rampantes representados na bandeira, o dragón e o león, son dous animais poderosos que inspiran vitalismo, forza, e respeito. Aparte da mencionada referencia histórica da Xunta Xeral do Reino de 1669, estes animais tamén figuran na heráldica histórica galega así como nas tradicións e lendas populares galegas. » Le o artigo sobre A Reconstrucción da Bandeira da Dinastía Real Sueva de Gallaecia |
||
» Medidas: 150 x 90 cm / Material: tela poliéster. ![]() » Fai clic aquí para ver unha listaxe de pontos de venda onde mercar a túa Bandeira da Dinastía Real Sueva da Gallaecia...» |
||