![]() | »
In English » Castellano » Português |
|
![]() |
![]() Contidos nesta sección: » Recreación dunha Bandeira Histórica Galaica » Cronoloxía da Bandeira do Galliciense Regnum » Confección e estándares utilizados na bandeira Visita tambén esta páxina: » Bandeira da Dinastía Real Sueva do Galliciense Regnum |
Recreación
dunha Bandeira Histórica Galaica![]() Un dos periodos máis rememorados da historia galaica é a fundación no século V do Galliciense Regnum. O Galliciense Regnum foi fundado sobre a unificación política de galaicos bracarenses, lughenses e asturicenses xa establecida séculos antes coa provincia autónoma de Gallaecia baixo o imperio romano. Pasaron quince séculos desde o Regnum galaico e a memoria daquel periodo segue a servir de frecuente fonte de inspiración para moitos. Para algúns, o Galliciense Regnum representa a épica e a forza que fixo de Gallaecia o primeiro estado medieval da Europa. Para outros, o Galliciense Regnum representa o encontro sen fronteiras de todos os povos galaicos, que ainda no século XXI compartimos moitos trazos culturais comúns, como demostrou por exemplo a recente candidatura galaica ao Patrimonio Inmaterial da Unesco. Esta Iniciativa pola Bandeira Galega [www.BandeiraGalega.com] naceu para promover o coñecimento e uso social da rica simboloxía histórica galega. Ao mesmo tempo, fomos conscientes da existencia dunha latente demanda que nos últimos anos andivo na procura dunha simboloxía gráfica coa que poder representar a inspiradora memoria da Gallaecia. Por esa razón decidimos apostar por unha reconstrucción moderna da bandeira da Dinastía Real Sueva do Galliciense Regnum, e incluila dentro da nosa iniciativa de promoción de símbolos históricos galegos. Nesta páxina describimos cómo evoluiu o proceso de investigación e definición de estándares que culminou coa reproducción desta xa popular bandeira galaica. |
Cronoloxía
da Reconstrucción da Bandeira do Galliciense Regnum
| ||||||||||||||||
Confección
e estándares utilizados na Bandeira da Dinastía Real Sueva de Gallaecia A Bandeira da Dinastía Real Sueva do Galliciense Regnum é unha bandeira moderna, deseñada a partir dunha referencia literaria do século XVII que describe cómo era o brasón ou armas dos reis suevos de Gallaecia. » Ponto de partida: a descripción literaria ![]() No seu libro, Clodio González lembra que "(...) no escudo do reino suevo de Galicia campeaban un dragón verde e un león vermello. Así consta nun memorial presentado polo cabido da catedral de Lugo á Xunta do Reino de Galicia, na sesión celebrada o 15 de febreiro de 1669: De aquí tuvo principio y se originó borrar el Dragón verde y León rojo (armas de los Reyes suevos que al tiempo tenían en este Reyno su corte), y trasladar al dorado campo del escudo de sus armas, la Hostia, no dentro de vaso Sacramental oculta (...), ni sobre el cáliz, o de manifiesto en su custodia (...). Clodio González recuperou esta descripción da páxina 45 do libro Notas Viejas Galicianas I, publicado no ano 1927 por Pablo Pérez Constanti, historiador e Catedrático da Real Academia Galega. A descripción do cabido da catedral de Lugo é simples e clara: o escudo dos reis suevos tiña un campo de cor dourado e no campo figuraban dúas bestas, unha coca de cor verde e un león de cor vermello. O cabido engade que estas bestas serían logo "borradas" e substituidas polo corpo de Cristo (a Hostia) "o de manifiesto en su custodia" (o Cálice coa Hostia). » Deseño baixo-medieval ou alto-medieval? ![]() » Definición dun estándar gráfico: a Coca Cómo era o deseño da coca que aparecía no brasón dos reis suevos descrito polo cabido da Catedral de Lugo en 1669? Non o sabemos porque non conservamos restos materiais nen pinturas del. Ainda máis, na época baixomedieval o conceito de estandarización gráfica non era coñecido nen praticado igual que o facemos hoxe: un artista da corte do Rei Teodomiro non se preocuparía de pintar unha coca necesariamente no mesmo estilo que o tería feito anos antes un artista da corte do Rei Hermerico. Consecuentemente, non podemos ir buscando deseños de cocas do século XV pensando que haberemos encontrar unha copia idéntica dunha coca particular que foi pintada no século V.
Ainda que o memorial galego de 1669 especifica que estamos a falar dunha coca, De aquí tuvo principio y se originó borrar el Dragón verde (...)", botouse tamén unha ollada ao modelo de serpe dourada que aparece no escudo moderno da vila lusitana de Coimbra, por mor dunha lenda do séc.XVII que conta unha historia de amor entre unha sueva e un vándalo. O escudo histórico da cidade, séc.XIII, representa principalmente a figura dunha dona ou raiña con coroa. O león do escudo é un engadido posterior, do séc.XVI. Un documento luso de 1625 afirma que o león foi engadido para representar a unión con Castela. Lonxe de ser un antigo escudo medieval, o deseño gráfico moderno das armas coimbrenses é tardío, do ano 1930.
Os deseños de bandeiras suevas do heraldista portugués Alves de Azevedo do ano 2000 e da Associaçom Galega da Língua do ano 2003 adoptaron a coca da bandeira galesa como estándar gráfico, igual que fixera o primeiro modelo anónimo de 1997. Abofé, a coca galesa coincide coa representación tradicional máis común da coca galega: grandes maxilas e dentes afiados, corpo coberto de escamas, áas cartilaxinosas como as dun morcego, e longa cola terminada en dardo. A compatibilidade da coca galesa coas representacións tradicionais da coca galega, e a facilidade de obtención de estándares gráficos de alta resolución informática para a súa impresión en poliéster decidiron a escolla deste modelo de coca para a Bandeira da Dinastía Real Sueva do Galliciense Regnum. Houbo ainda unha derradeira curiosidade na escolla desta coca, que deixa aberta unha porta para aqueles que gusten da especulación histórica. A teoría máis aceitada entre os historiadores sobre a orixe da coca na bandeira nacional de Gales conta que aquel dragón figuraba nun estandarte do exército romano que foi deixado na Cambria, e que logo foi adoptado e reutilizado a partir do século V como bandeira de guerra dos britóns galeses. Nese mesmo século, as tropas romanas tamén deixaban Gallaecia e, se cadra, un dragón dos seus estandartes militares foi daquela adoptado e reutilizado como bandeira de seu polos novos monarcas suevos de Gallaecia... » Definición dun estándar gráfico: o León Cómo era o deseño do león que aparecía no brasón dos reis suevos descrito polo cabido da Catedral de Lugo en 1669? Non o sabemos porque non conservamos restos materiais nen pinturas del. Logo, debemos volver lembrar que na época medieval o conceito de estandarización gráfica non era coñecido nen praticado igual que o facemos hoxe, que na heráldica galaica temos literalmente ducias de deseños diferentes de leóns de diferentes épocas, e que non podemos ir buscando deseños de leóns altomedievais pensando que haberemos encontrar unha copia idéntica dun león particular que foi pintado no século V. Logo, qué deseño de león utilizar para a reconstrucción da bandeira dos reis suevos de Gallaecia? A primeira busca de estándares gráficos de leóns ollou cara a o Reino de León, herdeiro político do antigo territorio galaico-asturicense e parte leste do Galliciense Regnum. Como xa insistimos antes, históricamente non existe unha única representación estandarizada do símbolo leonés, mais varias.
Os actuais estándares
gráficos do león na bandeira castelán-leonesa e na
bandeira da Diputación de León mostran ou desproporcións
barrocas na feitura do seu corpo ou trazos demasiado simples que resultan
estilísticamente incompatibles coa coca escollida. Precisábase
un estándar gráfico dun león que non fose nen demasiado
barroco nen demasiado simples. O deseño de bandeira sueva do heraldista
portugués Alves
de Azevedo do ano 2000 non incluía nengunha proposta de león,
e o deseño da Associaçom
Galega da Língua do ano 2003 copiaba o modelo da bandeira da
Estremadura
lusitana de Azevedo, un león de groso corpo que contradecía
o limpo deseño da coca verde galesa. * * * * * | ||||||
» Medidas: 150 x 90 cm / Material: tela poliéster. ![]() » Fai clic aquí para ver unha listaxe de pontos de venda onde mercar a túa Bandeira da Dinastía Real Sueva da Gallaecia...» |
||