![]() | »
In English » Castellano » Português |
|
![]() |
![]() A Cruz Azul Contidos nesta sección: » Escudo de Armas do Conde Henrique de Borgoña » Orixe da Cruz Azul: identificativo das tropas galegas nas Cruzadas? Visita tambén estas páxinas: » Bandeiras cristiás galaicas: A Cruz de Santiago » Bandeira da Dinastía Real Sueva do Reino de Gallaecia » Bandeira do Reino Galego |
Henrique de Borgonha (1066-1112) foi o governador dos condados de Portucale e Coimbra, que eran os territorios máis meridionais do Reino da Galiza por volta do século XII. O Conde Henrique foi un excelente militar e expandiu o dominio do condado até pasar ao sul do río Mondego. Ademáis das súas campañas militares contra os musulmáns da Estremadura lusitana, participou tamén nas Cruzadas a Terra Santa entre 1103-1105. As armas heráldicas de Henrique de Borgoña eran de prata cruz firmada de blau, un campo branco cunha cruz azul. Cando o seu fillo Afonso Henriques convertiu o Condado Portucalense en Reino no ano 1143, co consentimento do seu curmán galego o Imperador Afonso Raimundes, esta cruz azul converteuse na primeira bandeira do novo reino. Catro décadas antes desta cruz azul converterse na bandeira dun reino galaico meridional con capital en Guimarães, un exército do Reino da Galiza participara na Primeira Cruzada, levando unha cruz sobre as suas roupas. Sería esta cruz dos cruzados galegos tamén de cor azul? |
||
As Cruzadas foron unha serie de campañas militares promovidas pola Igrexa Cristiá nos séculos XI-XIII para conquerir aos musulmáns os territorios da Terra Santa. A Primeira Cruzada foi lanzada no ano 1095 polo Papa Urbano II e rematou coa conquista de Xerusalem no ano 1099. Dous anos máis tarde, en 1101, o Papa Pascual II chamou unha nova Cruzada para enviar reforzos militares ao recentemente establecido Reino cristián de Xerusalem. Un dos participantes na Cruzada do 1101 foi o famoso historiador xermano e abade do mosteiro de Aura, o benedictino Ekkehardus Uraugiensis. A súa célebre obra Chronicon Universale é a principal fonte da historia alemá entre os anos 1080-1125, e é tamén unha das principais fontes históricas que detallan o desenvolvimento da Primeira Cruzada, na que el mesmo participou e foi testemuña. Comezando o seu relatorio dos feitos da Primeira Cruzada, Ekkehardus Uraugiensis afirma que ...centum millia virorum ex Aquitania scilicet atque Normannia, Anglia, Scotia et Hibernia, Britannia, Galicia, Wasconia, Gallia, Flandria, Lotharingia, caeterisque gentibus christianis, quaram nunc minime occurrunt vocabula , que en galego tradúcese por uns cen mil homes foron chamados ao servizo inmediato de Deus desde Aquitania e Normandía, Inglaterra, Escocia, Irlanda, Bretaña, Galiza, Gascoña, Franza, Flandres, Lorena, e tamén outros povos cristiáns, cuxos nomes xa non lembro. Con razón era un exército de cruzados, xa que todos levaban o símbolo da cruz nas súas roupas.
Da descripción de Ekkehardus Uraugiensis tiramos dúas conclusións inmediatas: 1) A Primeira Cruzada foi principalmente unha Cruzada de nacións Atlánticas, e o Reino da Galiza aparece citado entre os principais reinos participantes. 2) Os cruzados levaban o símbolo da cruz nas súas roupas. Igual que nos exércitos modernos todos os soldados dun país visten o mesmo uniforme, nos exércitos cruzados os diferentes continxentes nacionais identificábanse pola cor das súas cruces. Ao existir máis nacións que cores, inevitablemente varios países coincidían no uso dunha mesma cor -por exemplo bretóns e alemáns levaban os dous a mesma cruz negra- polo que no ano 1188 o Papa terminou por ter que regular o uso da cor das cruces entre as diferentes nacións cruzadas. Da decisión papal sabemos hoxe que adxudicou a cruz vermella a Franza, a cruz branca sobre vermello a Inglaterra, a cruz verde a Flandres, a cruz amarela aos estados italianos, ou a cruz de St André a Gascoña, mais non se conserva nengunha lista exhaustiva de todos os países participantes coas súas cores correspondentes, nen tampouco conservamos nengún documento antigo que descreba o tipo de cruces que levaban os nobres galegos que participaron na Primeira Cruzada. O que si sabemos é que o proprio Conde Henrique participou nas Cruzadas a Terra Santa entre os anos 1103-1105, inmediatamente despois daquela outra expedición galega da Primeira Cruzada que mencionou o cronista Ekkehardus Uraugiensis. Sabemos tamén que á súa volta de Terra Santa o Conde Henrique utilizou como armas heráldicas de prata cruz firmada de blau, unha cruz azul sobre campo branco. É moi posible que esta cruz azul fora utilizada antes que o Conde Henrique como a cor identificativa daqueles cruzados galegos que participaron na Primeira Cruzada, ao igual que outros reinos europeos utilizaban outras cores. Se a cruz identificativa dos galegos da Primeira Cruzada fose a azul, sería lóxico que o Conde Henrique participase nas Cruzadas baixo a mesma cruz azul dos cruzados galegos de 1095-1101, xa que o Conde Henrique era el tamén un nobre dun territorio do Reino da Galiza. Cando o Conde Henrique voltou das Cruzadas no ano 1105, encontrouse esperando na casa o mesmo traballo que viña de facer no extranxeiro, xa que a metade sul do Reino de Galiza estaba en viciña liña de batalla cos territorios musulmáns lusitanos. Por tanto, semella lóxico deducir que, á súa volta de Terra Santa, o Conde Henrique seguiu a loitar no Mondego coa mesma cruz azul coa que loitara contra os seus inimigos musulmáns en Africa, dando continuidade histórica no Condado Portucalense a unha cruz azul utilizada primeiramente polas tropas galaicas nas Cruzadas a Terra Santa. Ligazóns de interese: » Chronicon Universale, Sobre as nacións participantes na Primeira Cruzada, Ekkehardus Uraugiensis, século XII | ||||
![]() Bandeira do Escudo de Armas de Henrique de Borgoña, Conde portucalense do Reino de Galiza, feita en tela poliéster de alta calidade, con dous aneis laterais metálicos para o seu izado. ¡Reserva xa a túa bandeira! » Produciremos esta bandeira cando haxa 60 persoas interesadas en ter esta bandeira. Ata agora hai 32 persoas interesadas en ter esta bandeira (útima actualización 03 Marzo 2010). » Se desexas reservar esta bandeira, ponte en contacto connosco dicíndonos: 1) O teu nome e enderezo postal 2) O número de bandeiras que desexas reservar (unha, dúas, tres...) A túa reserva será anotada, e cando o número total de reservas chegue a 60, avisarémoste, produciremos a bandeira, e enviarémoscha ao teu enderezo postal. ¡Reserva xa a túa bandeira! |