| » 
In English » Castellano » Português  | 
    ||
 Bandeiras 
Cristiás GalaicasCruz de Santiago de Compostela Contidos nesta sección: » A Cruz Vermella e a Cruz do Santo Patrón de Galicia » "Sería a bandeira dinamarquesa de orixe compostelá?" » Quero mercar esta bandeira! Visita tamén estas páxinas: » Bandeiras cristiás galaicas: A Cruz Azul » Bandeira da Dinastía Real Sueva do Reino de Gallaecia » Bandeira do Reino Galego  | 
  
| A 
Cruz Vermella e a Cruz do Santo Patrón de Galicia A cruz vermella sobre campo branco é a bandeira cristiá máis popular de todos os tempos. A cruz é o símbolo da Cristiandade, da militancia relixiosa e da protección divina; a cor branca do campo significa pureza, e a cor vermella da cruz simboliza o sangue do Cristo. Utilizada con moita frecuencia durante os séculos da Europa medieval, esta bandeira foi -entre outros- o símbolo dos cruzados francos (continxente cristián máis numeroso nas Cruzadas), da Orde dos Templarios, e séculos máis tarde converteuse na bandeira nacional de Inglaterra. 
 O Reino de Galicia foi o único territorio da península ibérica que non foi conquerido pola invasión musulmá. Os monarcas que gobernaron naqueles tempos en Galicia veneraban a figura do Santiago da Compostela, crendo que o santo compostelán lles ofrecía protección divina frente ao perigo de invasión musulmá. As orixes galegas da cruz vermella de Santiago comezaron cando o pai de Ramiro, Afonso II Galletiae Rex (813-842), descubriu o santuario do apóstolo Santiago na comarca de Compostela. O sucesor do Galletiae Rex, Ramiro I (842-850) converteuse no protagonista da lenda da Batalla de Clavijo, que conta que o rei pediu axuda ao Santo Patrón de Galicia para acadar unha miragreira victoria militar contra os musulmáns. Aquela cruz vermella representada na Catedral de Santiago de Compostela evoluiu en forma dunha espada vermella e foi exportada desde Galicia ata os reinos estremeiros de León, Portugal e Castela como iconografía militar dun apóstolo Santiago Matamoros que proporcionaba victorias sobre os musulmáns. Esta exportación cultural galega converteuse eventualmente no símbolo da Orde Militar de Santiago, instituida a partir do século XII nos territorios fronteirizos hispano-árabes de Castela e Portugal para defender de ataques musulmáns a aquelas terras estremeiras. A histórica cruz-espada vermella coñecida polo nome de "Cruz de Santiago" represéntase como unha cruz flory ou floreada de cor vermella sobre fondo branco no que a parte baixa da cruz aparece en forma de espada. Esta cruz vermella militar de Santiago de Compostela é parte histórica da iconografía galaico-xacobea, e xunto ás tradicionais vieiras asociadas á peregrinaxe xacobea, é outro dos símbolos nacionais do país galego. 
  | ||||||||
| De 
Santiago de Compostela a Dinamarca: Sería a bandeira dinamarquesa de orixe compostelá? Unha teoría de Vicente Almazán, Doutor en Filoloxía Románica pola Universidade de Köln, Profesor de Historia Medieval nas universidades de Sudbury, Windsor, Wayne State e Wisconsin-Oshkosh; Membro do Comité Internacional do Camiño de Santiago 
 Conta a tradición dinamarquesa que, nunha batalla entre cristiáns escandinavos e pagáns estonios, caiu do ceo unha bandeira cunha cruz branca e escoitouse aló arriba unha voz celestial que prometía aos cristiáns victoria na batalla contra os pagáns. E así foi, os dinamarqueses derrotaron aos estonios, nunha batalla que se loitou arredor do ano 1219. Séculos antes da miragre dinamarquesa, o apóstolo Santiago xa andaba aparecendo no ceo cun estandarte e prometendo victoria contra os musulmáns. Tal aconteceu na anteriormente mencionada Batalla de Clavijo (ano 844) e seguiu repetíndose entre outras- en Simancas (939), Ourique (1139), Navas de Tolosa (1212) ou Alcácer do Sal (1217). Lembremos que naqueles séculos a cidade de Santiago era o centro do mundo cristián. Tres eran as capitais relixiosas do mundo cristián durante a Idade Media: Xerusalem no oriente, Roma no centro, e Compostela no occidente. A peregrinaxe a Santiago, sendo a menos antiga e a menos importante das tres na xerarquía eclesiástica, terminou superando ás outras dúas a partir do século XII. 
 Con estes e outros máis feitos históricos citados no seu libro Gallaecia Scandinavica, conclue o Doutor Vicente Almazán: 1) A lenda da aparición celestial da cruz dinamarquesa é cuspidiña ás previas aparicións xacobeas, das que foron testemuñas moitos daqueles soldados dinamarqueses que baixaron a Portugal a loitar contra os musulmáns, como en Alcácer do Sal. 2) A bandeira dinamarquesa máis antiga conservada era a Bandeira da Unión Escandinava de 1427, onde xunto á cruz aparece unha grande imaxe do noso Santiago portando a sua típica cuncha de peregrino. ¿Qué facía o Santo Patrón de Galicia na bandeira dinamarquesa? Lembremos tamén que a cuncha de Santiago aparece con moita frecuencia nos escudos e brasóns do Reino de Dinamarca. 
 Por tanto, fai lóxica pensar nunha orixe compostelá da bandeira de Dinamarca. Os cruzados dinamarqueses que visitaron Jakobsland e baixaron a loitar contra os infideis musulmáns coñecían as lendas das miragres celestiais de Santiago, e algúns deles mesmo presenciaron cos seus ollos esa miragre, como aconteceu na batalla de Alcácer do Sal. De volta ás súas terras nórdicas, os cruzados dinamarqueses foron loitar contra os infideis pagáns de Estonia, onde se repetiu aquela miragre celestial dunha cruz no ceo e unha voz prometendo victoria na batalla. Así naceu a bandeira xacobeo-danesa, que á súa vez deu orixe ao resto das bandeiras de cruz escandinavas: Suecia, Noruega, Islandia, Finlandia, Feroe, etc...  | 
  ||||||
|  
       » Medidas: 150 x 90 cm / Material: tela poliéster. » Fai clic aquí para ver unha listaxe de pontos de venda onde mercar a túa Bandeira da Cruz de Santiago...»  | 
  |