» In English
» Castellano
» Português

Unha iniciativa
pola Bandeira Galega


Contidos nesta sección:
» Obxectivos da iniciativa
» Izando a Bandeira Galega polo mundo adiante

Visita tambén estas páxinas:
» Datas de Izado da Bandeira Galega
» Bandeiras Galegas no teu computador
» Apóntate á lista email de novidades en BandeiraGalega.com


Ler artigo do xornal 'Vigo Metropolitano'

A iniciativa de www.BandeiraGalega.com na prensa galega

Coincidindo co lanzamento da Iniciativa pola Bandeira Galega na primavera do 2005, enviamos un comunicado de prensa a todos os medias en formato papel e dixital. Varios deles incluiron noticias e imaxes das bandeiras galegas en maior ou menor extensión. O xornal Vigo Metropolitano adicou unha longa páxina a dar conta e detalles da iniciativa.
Obxectivos desta iniciativa pola Bandeira Galega
Divulgación da simboloxía galega e promoción do seu uso público

Moitos galegos están orgullosos do seu país, e ondear a bandeira galega é un xeito directo de exteriorizar visualmente ese nobre sentimento de pertenza colectiva.

Desde 2005, a iniciativa www.BandeiraGalega.com pretende contribuir a espallar o coñecimento e o uso da simboloxía histórica galega en dous eixos básicos de acción:

1) Información:
» Publicando información e artigos de investigación sobre os símbolos históricos galegos, para contribuir a divulgar o seu coñecimento e a estimular o seu uso.
» Favorecendo o reuso e a republicación noutros medios de todos os contidos recollidos neste website, para provocar un efecto multiplicador que faga chegar esta iniciativa a todos os contextos da sociedade galega.
» Publicando información sobre os símbolos galegos noutros idiomas, para contribuir a proxectar a imaxe do noso país polo mundo adiante.

2) Promoción:
» O xeito máis directo de espallar os símbolos galegos é, simplemente, póndoos na rúa a disposición da xente.
» Producindo e distribuindo as tres principais bandeiras históricas galegas, para facer posible que estes símbolos cheguen ao maior número de xente posible e para estimular así o seu uso na sociedade.
» Ofrecendo gratuitamente as bandeiras galegas en formato multimedia, para que a presenza social da simboloxía galega se espalle tamén através dun maior número de websites no internet.
» Distribuindo os símbolos galegos ao público internacional, para contribuir a proxectar a imaxe e a presenza do noso país polo mundo adiante.

Esto é o que estamos a facer nós... O resto depende de tí!



Izando a Bandeira Galega polo mundo adiante
Exemplos, ideas e anécdotas das bandeiras galegas por todo o mundo

Izando as bandeiras galegas polo mundo adiante? de Ortigueira a Porto, de Ponferrada a Montevideo, de Santiago a Bangkok... Queremos velas! Se tes algunha foto da bandeira galega coa que nos queiras inspirar nesta sección, envíanola en formato .jpg xunto a unha explicación do contexto e da data (*)

Bandeira Galega no Pazo Presidencial de Monte Pio, Santiago de Compostela
Pazo Presidencial, Santiago
Bandeira Galega, Bandeira Gañadora
Galegos e Gañadores
Bandeira Galega en Carballedo, Comarca de Chantada
Carballedo, Co. Chantada
Bandeira Galega en Santa Cruz, Comarca da Coruña
Santa Cruz, Co. Coruña
Bandeira Galega en Ferrol, Comarca de Ferrolterra
Ferrol, Co. Ferrolterra
Bandeira Galega de Siareiros da Comarca de Melide
Siareiros da Co. Melide
Bandeira Galega en Esteiro, Comarca de Muros
Esteiro, Co. Muros
Bandeira Galega en Sobradelo, Comarca do Salnés
Sobradelo, Co. Salnés
Bandeira Galega en Ponferrada, Comarca do Bierzo
Ponferrada, Co. Bierzo
Bandeira Galega en Killarney, Irlanda
Killarney, Irlanda
Bandeira Galega en Glasgow, Escocia
Glasgow, Escocia
Bandeira Galega en Landerneau, Bretaña
Landerneau, Bretaña
Bandeira Galega en Perranporth, Cornualla
Perranporth, Cornualla
Bandeira Galega na edición 2006 do Interceltic Watersports Festival, Truro, Cornualla
Truro, Cornualla
Bandeira Galega en Baden-Württemberg, Schwaben, Alemaña
Baden-Württemberg, Suabia
Bandeira Galega en Connecticut, Estados Unidos de América
Connecticut, EUA
Bandeira Galega en North Carolina, Estados Unidos de América
North Carolina, EUA
Bandeira Galega en Colorado, Estados Unidos de América
Colorado, EUA
Bandeira Galega en Nova Scotia, Canada
Nova Scotia, Canadá
Bandeira Galega en Wellington, Nova Zelanda
Wellington, NZ
Bandeira do Reino de Galicia en Buenos Aires, Arxentina
Buenos Aires, Arxentina
     

(*) Reservámosnos o direito de non publicar todas e cada unha das fotos que recibimos. Por favor, envíanos fotos de bandeiras galegas oficiais, de estado ou históricas. Bandeiras pertencentes a partidos políticos non serán publicadas nesta sección.


Voltar á Páxina Principal