» In English
» Castellano
» Português

Bandeira Galega na Cornualla
The Galician Flag flying in Cornwall

Marcus Music, Newport, Gales
Foto enviada por Marcus Music, Newport, Gales


Marcus Music, Newport, Gales
Foto enviada por Marcus Music, Newport, Gales

Bandeiras Galegas na Cornualla e Gales

Marcus Music, artesán galés de instrumentos de percusión e concertinas, precisaba bandeiras galegas para a sua colección de bandeiras de países celtas. Na foto, a Bandeira Galega e a do Galliciense Regnum aparecen á esquerda como parte da decoración do seu stand na exposición de artesáns do festival intercéltico Lowender Peran en Perranporth, Cornualla, Outubro 2005. Cando non están de viaxe en exposicións, as bandeiras galegas de Marcus Music están colocadas a carón da bandeira galesa no seu obradoiro en Gales, no pazo de Tredegar, en Newport (ou como diríamos os galegos, "Portonovo").


Flying the Galician flags in Cornwall and Wales

Marcus Music is a Welsh manufacturer of concertinas and percussion who needed a Galician flag for his collection of flags from the Celtic countries. On the left side of the picture you can see two Galician national flags and the royal banner of the Swabian kings of Gallaecia. The Celtic flags were used to decorate the booth of Marcus Music at the Perranporth Celtic festival in Cornwall, October 2005, where the picture was taken. Otherwise, the Galician flag is normally hoisted next to the Welsh flag at the Marcus Music workshop in Tredegar House, Newport, Wales.


Bandeira Galega na edición 2006 do Interceltic Watersports Festival, Truro, Cornualla

Bandeira Galega no Interceltic Watersports Festival 2006


Os representantes galegos na edición 2006 da Competición Intercéltica de Deportes Náuticos, despídense do público cornuallés antes de voltar a Galicia con dúas medallas de bronce.


Flying the Galician flag at the 2006 Interceltic Watersports Festival

The Galician delegation at the 2006 Interceltic Watersports Festival say farewell to their Cornish hosts before returning to Galicia with two bronze medals.

Izando as bandeiras galegas polo mundo adiante?

Queremos velas! De Ortigueira a Porto, de Ponferrada a Montevideo, de Santiago a Bangkok... Se tes algunha foto da bandeira galega coa que nos queiras inspirar nesta sección, envíanola en formato .jpg xunto a unha explicación do contexto e da data.
Are you flying the flag for Galicia?

We want to know where in the world the Galician flag is being flown. If you would like to contribute to our Galician photo galleries, please send us your pictures (in .jpg format) along with a short caption and your name.