www.bandeiragalega.com
Pavillón
Nacional da Galiza
Qué
é un Pavillón?
O Pavillón é unha bandeira de uso no mar. É o nome
que recebe a bandeira que se ondea nun barco para mostrar a
súa nacionalidade.
Na maioría dos países do mundo, a bandeira nacional (bandeira de terra) e o pavillón nacional (bandeira de mar) son iguais. Noutros países, por tradición histórica ou outras
razóns, o pavillón nacional é diferente da bandeira nacional.
Galiza pertence a ese grupo de países nos que o seu pavillón
nacional era diferente da súa bandeira nacional.
![]() As representacións máis antigas conservadas do
Pavillón da Galiza encóntranse nas primeiras enciclopedias e
cartas de divulgación de pavillóns nacionais navais publicadas
na Europa a meiados do 1700.
Na
máis antiga das enciclopedias da Ilustración, a Encyclopédie
de Diderot et d'Alembert de 1751, o Pavillón da Galiza é
descrito como "Il est blanc, chargé au milieu d'un
calice ou coupe couverte d'or, accompagné de six croix
rouges, trois de chaque côté".
![]() Mentres que a Bandeira do Reino da Galiza era de
campo azul con cálice e cruces douradas, o Pavillón tiña campo
branco e cruces vermellas. Por qué? Na tradición naval europea
predominan os pavillóns vermellos e brancos, que son cores
mellor identificables no mar. O azul
confúndese coa cor do mar e pode ser difícil de detectar
durante a navigación.
![]() Exemplo do Pavillón da Galiza no mar: Ilustración da Fragata USS United States, a xoia da nova mariña norteamericana desde 1797. Capitaneada polo irlandés John Barry, o pavillón da Galiza aparece ondeando na popa enriba do Pavillón dos Estados Unidos. ![]() Os símbolos nacionais galegos entraron en progresivo
esquecemento a partir de 1833 cando España aboliu o Reino da
Galiza. O seu territorio foi dividido nas catro actuais
provincias (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra), e o seu mar
foi dividido progresivamente en cinco provincias marítimas (A
Coruña, Ferrol, Lugo, Vigo e Vilagarcía). Co paso dos anos,
esquecendo os históricos símbolos galegos, a bandeira da
Provincia Marítima da Coruña (Cruz de Santo André) terminaría
por substituir ao milenario Santo Graal como bandeira
nacional da Galiza contemporánea.
![]() No ano 1972 a Real Academia Galega estandarizou o
deseño moderno das armas históricas da Galiza: Cáliz
dourado, Hostia branca enriba do Cáliz, e sete cruces.
Respectando a estandarización de 1972 dos símbolos da
Galiza, o Pavillón da Galiza mantén o seu tradicional campo
branco e cruces vermellas, actualizando o deseño do Cáliz,
Hostia enriba do Cáliz, e sete cruces dacordo co estándar
contemporáneo dictado pola Academia Galega.
![]() |