| »
In English » Castellano » Português |
||
Símbolos
das comarcas galegas:Bandeira de O Barco, capital da Comarca de Valdeorras » A bandeira da capital da Comarca de Valdeorras » Parroquias da Co. Valdeorras » Quero mercar esta bandeira! » Voltar ao menú de bandeiras comarcais » Voltar á páxina principal |
| A
bandeira da capital da Comarca de Valdeorras Descripción da bandeira de O Barco, capital da Comarca de Valdeorras ![]() Ben sendo esta unha enseña de deseño moderno, a bandeira valdeorresa está inspirada na bandeira histórica das Milicias de Valdeorras, sobre a cal consérvanse referencias en documentos locais de comezos do século XVII. Aprobada oficialmente polo Consello da Xunta de Galicia no Decreto 112/2007, do 24 de Maio, publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 113 (13 Xuño 2007), a bandeira da capital valdeorresa é descrita do seguinte xeito: "Pano dividido en diagonal desde a parte alta da hasta, enbaixo de cor vermella e enriba, dividido en horizontal, un terzo de cor branca e baixo del dous terzos de cor azul celeste". A feitura e cores da bandeira representan a paisaxe desta comarca da alta montaña galega: - A metade diagonal vermella simboliza o perfil da montaña e a característica cor rubia da terra da comarca valdeorresa. - O azul, de cor celeste como na Bandeira da Galicia, representa a auga do río Sil que pasa polo corazón da comarca de Valdeorras. - O branco é a referencia ao ceo e ás neves da alta montaña de Valdeorras. |
| ||||||||||||||||||||||
Queres
mercar esta bandeira?Bandeira valdeorresa, feita en tela poliéster de alta calidade, con dous aneis laterais metálicos para o seu izado. ¡Reserva xa a túa bandeira! » Produciremos esta bandeira cando haxa 60 persoas interesadas en ter esta bandeira. Ata agora hai 2 persoas interesadas en ter esta bandeira (útima actualización 17 Maio 20010). » Se desexas reservar a bandeira valdeorresa, ponte en contacto connosco dicíndonos: 1) O teu nome e enderezo postal 2) O número de bandeiras que desexas reservar (unha, dúas, tres...) A túa reserva será anotada, e cando o número total de reservas chegue a 60, avisarémoste, produciremos a bandeira, e enviarémoscha ao teu enderezo postal. ¡Reserva xa a túa bandeira! |