| »
In English » Castellano » Português | ||
Símbolos
das comarcas galegas:Armas de Cambados, capital da Comarca do Salnés » O Escudo de Armas de Cambados » Parroquias da Co. Salnés » Quero mercar esta bandeira! » Voltar ao menú de bandeiras comarcais » Voltar á páxina principal |
| O
Escudo de Armas de Cambados Descripción das armas de Cambados e da súa confección en bandeira ![]() A capital da Comarca do Salnés, Cambados, é unha das máis atractivas vilas históricas de Galicia. Tradicional cabeza administrativa das terras salinienses, a vila desenvolveuse a partir do castro celta de Cambracun e recibiu no ano 1170 o título de Moi Leal Vila polo rei Fernando II de Galicia e León. O escudo de armas da capital do Salnés, é descrito como "En campo de azur, o Santo Graal do Reino de Galicia en ouro, surmontado dunha Hostia de prata, e orlado nos flancos e na punta cun cordón de prata, acabados os seus extremos en forma de lazo. O Santo Graal do Reino de Galicia está surmontado pola coroa de ouro do Rei Witiza." Fideis á composición das armas cambadesas, ampliamos o campo do escudo ao campo da bandeira e traspasamos a esta os elementos descritos no seu escudo: - O Santo Graal do Reino de Galicia, dourado e coa súa tradicional Hostia de prata. - A coroa de ouro do rei Witiza, que desenvolveu a vila na súa época baixomedieval, por volta do século VIII. - O cordón señorial de prata arrodeando ao Santo Graal. - O campo da bandeira, en azur, igual que as Armas do Reino de Galicia. |
| ||||||||||||||||||||||
Queres
mercar esta bandeira?Bandeira de Cambados, capital do Salnés, feita en tela poliéster de alta calidade, con dous aneis laterais metálicos para o seu izado. ¡Reserva xa a túa bandeira! » Produciremos esta bandeira cando haxa 60 persoas interesadas en ter esta bandeira. Ata agora hai 3 persoas interesadas en ter esta bandeira (útima actualización 1 Xuño 2010). » Se desexas reservar a Bandeira da capital do Salnés, ponte en contacto connosco dicíndonos: 1) O teu nome e enderezo postal 2) O número de bandeiras que desexas reservar (unha, dúas, tres...) A túa reserva será anotada, e cando o número total de reservas chegue a 60, avisarémoste, produciremos a bandeira, e enviarémoscha ao teu enderezo postal. ¡Reserva xa a túa bandeira! |