![]() | »
In English » Castellano » Português |
|
![]() |
![]() Armas de Mondoñedo, capital da Comarca da Mariña Central » A Bandeira Oficial Mindoniense » Parroquias da Co. Mariña Central » Quero mercar esta bandeira! » Voltar ao menú de bandeiras comarcais » Voltar á páxina principal |
A
Bandeira Oficial Mindoniense Descripción das armas de Mondoñedo e da súa confección en bandeira ![]() Mondoñedo foi unha das máis antigas provincias do Reino de Galicia, herdeira histórica do territorio da diócese britoniense fundada coa chegada de refuxiados británicos ao Galliciense Regnum no século V. A representación máis antiga conservada das armas mindonienses data, segundo o vicepresidente da Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia, Eduardo Pardo de Guevara, "dun escudo nacido na segunda metade do século XVIII e a partir, por suposto, do estandarte portado polo vello Rexemento Provincial de Mondoñedo, no que o que se figuraba eran, exactamente, as Armas do Reino de Galicia". A bandeira mindoniense foi declarada oficial polo Decreto 336/1999, do 9 de Decembro, publicado no DOG núm. 250 (29 de Decembro de 1999). A bandeira ten, sobre pano vermello, o Santo Graal dourado do Reino de Galicia e a Hostia, acompañados por seis cruces paté ou ensanchadas de cor branca, tres á tralla e tres ó batente. |
| ||||||||||||||||
![]() Bandeira de Mondoñedo, feita en tela poliéster de alta calidade, con dous aneis laterais metálicos para o seu izado. ¡Reserva xa a túa bandeira! » Produciremos esta bandeira cando haxa 60 persoas interesadas en ter esta bandeira. Ata agora hai 17 persoas interesadas en ter esta bandeira (útima actualización 07 Xaneiro 2010). » Se desexas reservar a Bandeira de Mondoñedo, ponte en contacto connosco dicíndonos: 1) O teu nome e enderezo postal 2) O número de bandeiras que desexas reservar (unha, dúas, tres...) A túa reserva será anotada, e cando o número total de reservas chegue a 60, avisarémoste, produciremos a bandeira, e enviarémoscha ao teu enderezo postal. ¡Reserva xa a túa bandeira! |