| »
In English » Castellano » Português | ||
Símbolos
das comarcas galegas:Armas de Lugo, capital da Comarca de Lugo » O Escudo de Armas de Lugo » Parroquias da Co. Lugo » Quero mercar esta bandeira! » Voltar ao menú de bandeiras comarcais » Voltar á páxina principal |
| O
Escudo de Armas de Lugo Descripción das armas de Lugo e da súa confección en bandeira ![]() Lugo, unha das cidades históricas do Reino de Galicia, conserva numerosas representacións do seu escudo desde o século XVII. Ainda que algúns dos primeiros escudos lugueses conservados mostraban o Santo Graal só, como na torre maior da Catedral, a representación máis frecuente das armas luguesas incluía o Santo Cáliz acompañado dun castelo e dous leóns. Os anxos adoradores comezaron a aparecer ás beiras do Graal a finais do século XVII para compensar visualmente o espazo baleiro arredor do Cáliz. Fideis á composición histórica das armas luguesas, e tal como figura no escudo da capital luguesa, traspasamos ao campo da bandeira os elementos descritos anteriormente: - O Santo Graal de ouro, coa Hostia de prata e radiante de ouro, acompañados por dous anxos adorando ó Cáliz, un a cada beira, sobre cadansúa nube, en cor de prata. - Unha torre ou castelo de ouro, símbolo heráldico das defensas luguesas, protexida por dous leóns rampantes de ouro, un a cada beira, comunmente interpretados como símbolo da bravura das xentes luguesas. - O campo das armas luguesas é de cor azur, igual que as Armas do Reino de Galicia. |
| ||||||||||||||||||||
Queres
mercar esta bandeira?Bandeira de Lugo, feita en tela poliéster de alta calidade, con dous aneis laterais metálicos para o seu izado. ¡Reserva xa a túa bandeira! » Produciremos esta bandeira cando haxa 60 persoas interesadas en ter esta bandeira. Ata agora hai 17 persoas interesadas en ter esta bandeira (útima actualización 01 Xuño 2010). » Se desexas reservar a bandeira de Lugo, ponte en contacto connosco dicíndonos: 1) O teu nome e enderezo postal 2) O número de bandeiras que desexas reservar (unha, dúas, tres...) A túa reserva será anotada, e cando o número total de reservas chegue a 60, avisarémoste, produciremos a bandeira, e enviarémoscha ao teu enderezo postal. ¡Reserva xa a túa bandeira! |