» In English
» Castellano
» Português

Símbolos das comarcas galegas:
Armas de Pedrafita do Cebreiro, na
Comarca dos Ancares


» O Santo Graal do Cebreiro, símbolo dos Ancares
» Parroquias da Co. Ancares

» Quero mercar esta bandeira!
» Voltar ao menú de bandeiras comarcais
» Voltar á páxina principal


O Santo Graal do Cebreiro, símbolo dos Ancares
Descripción das armas do Cebreiro e da súa confección en bandeira
Comarca dos Ancares
O santuario por excelencia dos Ancares, O Cebreiro, é tamén un dos santuarios máis importantes de Galicia e de toda a rota xacobea. Segundo unha tradición que data da Idade Media, unha miragre aconteceu na igrexa do Cebreiro cando o viño do cáliz cebreirego se transformou no verdadeiro sangue de Cristo. Desde aquela, o santuario do Cebreiro é un dos lugares máis simbólicos de Galicia e, por extensión, do Camiño de Santiago.

Aprobado oficialmente polo Decreto 274/1998, do 24 de Setembro, publicado no DOG núm. 196 (8 Outubro de 1998), o escudo cebreirego é "De sinopla, o cáliz e a patena de ouro, e nos flancos dúas vieiras de prata; xefe encaixado de ouro".

Fideis á composición das armas cebreiregas, traspasamos ao campo da bandeira estes elementos heráldicos que identifican ben os principais símbolos da Comarca dos Ancares:
- O campo da bandeira, en verde (sinople), co xefe encaixado de ouro, representa a xeografía montañesa das terras dos Ancares.
- No centro da bandeira aparece o Santo Graal do Cebreiro, onde aconteceu a miragre da transubstanciación do sangue de Cristo.
- Nos flancos do Graal acompañan dúas vieiras, símbolo do Santo Patrón de Galicia, que lembran a importante reputación do santuario ancarés no Camiño de Santiago.


 Comarca dos Ancares
  A Comarca dos Ancares ten 118 parroquias que están agrupadas administrativamente en 6 concellos
Concello
Parroquias
Baralla
Aranza, Arroxo, Baralla, Berselos, Constantín, Covas, Ferreiros, Francos, Guimarei, Laxes, Lebruxo, Lexo, Pacios, Pedrafita de Camporredondo, Penarrubia, Piñeira, Pol, Pousada, Recesende, Riba de Neira, S.Martín de Neira de Rei, S.Miguel de Neira de Rei, Sixirei, Sobrado de Picato, Vale, Vilachambre, Vilarpunteiro, Vilartelín
Becerreá
Agüeira, Armesto, Becerreá, Cadoalla, Cascallá, O Cereixal, Cruzul, Ferreirós de Valboa, Fontarón, Furco, Guilfrei, Guillén, Liber, Morcelle, Ouselle, Ousón, Pando, Penamaior, Quintá de Cancelada, Sevane, Tortes, Veiga, Vilachá, Vilaíz, Vilamane, Vilouta
Cervantes
Ambasvías, Castelo, O Castro, Cereixedo, Donís, Dorna, Lamas, O Mosteiro, Noceda, O Pando, Quindous, A Ribeira, S.Pedro de Cervantes, S.Román de Cervantes, S.Tomé de Cancelada, Vilapún, Vilaquinte, Vilarello, Vilasante, Vilaspasantes, Vilaver
Navia de Suarna
Barcia, Cabanela, Castañedo, Folgueiras, Freixís, Galegos, Moia, Mosteiro, Muñís, Penamil, Pin, A Proba de Navia, Queizán, Rao, A Ribeira, Ribón, Son, Vallo, Vilarpandín
Pedrafita do Cebreiro
O Cebreiro, Fonfría, Hospital, Liñares, Lousada, Louzarela, Pacios, Padornelo, Pedrafita do Cebreiro, Riocereixa, Veiga de Forcas, Zanfoga
As Nogais
A Alence, Doncos, Noceda, As Nogais, Nullán, Quintá, Santo André, Torés, Vilaicente



Armas de Pedrafita do Cebreiro, Comarca dos AncaresQueres mercar esta bandeira?

Bandeira cebreirega dos Ancares, feita en tela poliéster de alta calidade, con dous aneis laterais metálicos para o seu izado.

¡Reserva xa a túa bandeira!

» Produciremos esta bandeira cando haxa 60 persoas interesadas en ter esta bandeira. Ata agora hai 5 persoas interesadas en ter esta bandeira (útima actualización 8 Novembro 2010).

» Se desexas reservar a bandeira cebreirega dos Ancares, ponte en contacto connosco dicíndonos:
1) O teu nome e enderezo postal
2) O número de bandeiras que desexas reservar (unha, dúas, tres...)

A túa reserva será anotada, e cando o número total de reservas chegue a 60, avisarémoste, produciremos a bandeira, e enviarémoscha ao teu enderezo postal.

¡Reserva xa a túa bandeira!

Voltar á Páxina Principal