» In English
» Castellano
» Português

Illa de ManBandeira da illa de Man

Visita tamén estas páxinas:
» Bandeiras nacionais e históricas dos países celtas
» Bandeiras históricas e comarcais galegas


Bandeira nacional da illa de Man Bandeira nacional da illa de Man

A bandeira nacional da illa de Man consiste nun trisquel amarelo de tres pernas ou Trinacria centrado sobre un campo vermello.

A bandeira de Man foi criada recentemente, en 1968 a partir das Armas históricas do rei escandinavo de Man do séc.XIII, Magnus II. Durante a Idade Media a illa de Man era un pequeno reino en poder dos escandinavos, algúns dos cais fundaran temporalmente un reino normando en Sicilia, onde tamén foi achado un símbolo similar datado nunha época moito máis antiga.

En base a esta coincidencia, os historiadores especulan que a Trinacria das Armas do rei Magnus II de Man foi inspirada no deseño achado en Sicilia, probablemente importado á illa de Man polos viquingos que viaxaban por toda Europa na Idade Media.

Outra teoría encol da orixe do símbolo provén da tradición oral, dunha lenda manesa que atribúe a orixe das tres pernas a Manannan mac Lir (Manannan, fillo de Lir). Lir era unha deidade gaélica da auga que tamén encontramos en Galicia, e que deixou o seu nome en topónimos de vilas costeiras como Lira (Co.Carnota) e ríos como o Lérez (Co.Pontevedra). O fillo de Lir, Manannan, é outra personaxe mitolóxica gaélica relacionada coa auga que tamén encontramos no folclore galego, particularmente na lenda élfica de Ana Manana. A lenda manesa das tres pernas conta que Manannan mac Lir viu achegarse á illa unha flota de invasores nórdicos e mudou na forma de tres pernas para correr máis e ter tempo para preparar un meigallo contra os invasores.

Non constan referencias do uso de nengunha bandeira propia da illa de Man antes do século XX. Na década dos 1960, a poboación manesa comezou a demandar unha bandeira propia para representar á illa. Foi así que se decidiu pasar á bandeira o escudo de Armas do rei Magnus II, unha decisión lóxica e popular posto que este símbolo heráldico encóntrase en varios selos e esculturas de diversas épocas ao longo da illa de Man.

A bandeira nacional da illa de Man foi oficializada no ano 1968. No deseño estandarizado e oficial da bandeira, a dirección das pernas deben ir cos pés sinalando na dirección das agullas do reloxo.


Voltar á Páxina Principal