| » In English » Castellano » Português |
||
Bandeiras históricas de GalesContidos nesta sección: » Bandeira nacional de Gales » Bandeira histórica da Cruz de San David » Bandeira histórica do Príncipe de Gales Owain Glyndwr Visita tamén estas páxinas: » Bandeiras nacionais e históricas dos países celtas » Bandeiras históricas e comarcais galegas |
Bandeira nacional de GalesA bandeira galesa chámase Y Ddraig Goch (O Dragón Vermello, en galés) e consiste nun dragón pasante vermello sobre un campo branco e verde. Éunha bandeira recente, oficializada no ano 1959, aínda que baseada en símbolos históricos anteriores. As bandas branca e verde do campo da bandeira actual foron tomadas das cores da Casa dos Tudor, a dinastía real galesa que gobernou o Reino da Inglaterra de 1485 a 1603. O dragón vermello é o símbolo nacional de Gales máis antigo, cuxas referencias literarias como símbolo de Gales encóntranse xa na Historia Brittonum escrita no século IX. A teoría mais aceitada sobre a orixe do dragón en Gales conta que este símbolo figuraba nun estandarte Draco do exército román que foi deixado na Cambria, e que logo foi adoptado e reutilizado a partir do século V como bandeira de guerra dos britóns galeses. Nese mesmo século, as tropas románs tamén deixaban Gallaecia e, se cadra, un dragón dos seus estandartes militares foi daquela adoptado e reutilizado como bandeira de seu polos novos monarcas suevos de Gallaecia. |
Bandeira histórica da Cruz de San David, Santo
Patrón de GalesA bandeira de San David, santo patrón de Gales, consiste nunha cruz amarela sobre fondo negro. Esta é unha bandeira histórica de orixe relixiosa que ás veces se utiliza como bandeira alternativa para representar a Gales, de xeito homólogo á nosa Cruz de Santiago galega ou á Cruz de San Patricio irlandesa. A bandeira de San David popularizouse en Gales recentemente, durante o séc.XX, mais os historiadores concordan que as cores amarela e branca para representar este santo xa se utilizaban en Gales no séc.VII. Na actualidade, esta bandeira pódese ver regularmente en Gales en eventos folclóricos ou deportivos, e sobre todo durante as celebracións do Día de San David, o día da patria galesa. Igual que San Martiño de Dume, o San David de Gales (ca.500-589) era un crego austero que gañou a santidade grazas á súa longa campaña contra o celto-cristianismo autóctone. O que na Gallaecia era o Priscilianismo, na Britannia era o Pelagialismo. Pelagius (Paio ou Pelaio en galego, nome moi extendido pola Gallaecia durante a Baixa Idade Media) era un popular monxe britón do séc.V que foi acusado de herexe pola Igrexa Román por ter incorporado credos tradicionais atlánticos á nova relixión Cristiá. A longa loita que San David levou contra o Pelagialismo galés terminou por convertelo en Santo Patrón de Gales no santoral oficial católico. A súa Catedral, construída na fisterra galesa, converteuse nun importante centro de peregrinaxe durante a Idade Media. |
Bandeira histórica do Príncipe de Gales
Owain GlyndwrA bandeira de Owain Glyndwr consiste en dous leóns rampantes dourados sobre fondo vermello e dous leóns rampantes vermellos sobre fondo dourado. Esta bandeira era o estandarte heráldico de Owain Glyndwr (ca.1354-ca.1416), un nobre galés comparable ao Pardo de Cela galego. Glyndwr era descendente das principais casas nobres de Gales, e no ano 1400 liderou a causa soberanista galesa contra o rei Henry IV da Inglaterra, frente o cal eventualmente foi derrotado. Se o príncipe Glyndwr tivese gañado a guerra contra Inglaterra, o seu liderazgo e orixes nobres teríano confirmado como Rei de Gales, mais o seu fracaso militar significou o comezo dos Séculos Escuros para Gales. A figura de Owain Glyndwr foi rescatada como heroe nacional a finais do séc.XIX polo movimento galesista, ao igual que fixeron os galeguistas con Pardo de Cela, mais o seu estandarte histórico non se popularizou ata o ano 2000, coincidindo coas celebracións nacionais do 600 aniversario do seu levantamento. Desde as conmemoracións do ano 2000, o estandarte histórico de Owain Glyndwr converteuse rápidamente nunha bandeira moi popular en Gales, sendo hoxe común de ver esta enseña ondeando en eventos deportivos e folclóricos. |