| » In English » Castellano » Português |
||
Bandeiras históricas da EscociaContidos nesta sección: » Bandeira nacional da Escocia » Bandeira histórica do Reino da Escocia Visita tamén estas páxinas: » Bandeiras nacionais e históricas dos países celtas » Bandeiras históricas e comarcais galegas |
Bandeira nacional da EscociaA bandeira nacional da Escocia é unha cruz branca en forma de X sobre fondo azul. A cruz en forma de X recebe o nome de Cruz de Santo André, pois foi nese tipo de cruz que Santo André foi martirizado. Segundo a tradición, a bandeira escocesa da Cruz de Santo André ten as súas orixes nunha batalla loitada arredor do séc.IX entre escoceses e ingleses, onde a intervención divina do Santo outorgou a victoria aos escoceses. Os exemplares máis antigos conservados da bandeira de Santo André son do séc XVI, e foi nesta época que esta enseña se converteu na bandeira nacional escocesa, pois históricamente a bandeira do Reino da Escocia era o estandarte do León Rampante dos reis escoceses da dinastía xacobista. A cor azul do campo da bandeira nacional escocesa variou através dos séculos, encontrándose unha variedade de bandeiras escocesas antigas con cores azuis que van do azul claro até o azul marino. Finalmente, no ano 2003 o Governo Escocés decidiu estandarizar a cor azul da bandeira nacional, oficializando un azul cobalto Pantone 300, que é o mesmo tipo de azul que a bandeira histórica do Reino galego. Orixes comúns das bandeiras escocesa e galega Santo André, un dos doce discípulos do Cristo, é o santo patrón da Escocia do mesmo xeito que Sant-Iago é o santo patrón da Galiza. O noso santo patrón Sant-Iago é o segundo santo máis popular na Escocia despois de St André. O nome masculino máis común na Escocia é James (Santiago) e a dinastía de monarcas escoceses da Casa dos Stewart recebe o nome de Jacobite (Xacobista), pois os seus reis chamábanse James (Santiago). Encóntranse tamén na Escocia moitas igrexas e lugares adicados a Sant-Iago, o segundo santo máis popular na Escocia. Do mesmo xeito, Santo André é o santo máis popular na Galiza despois de Sant-Iago. Máis de 70 parroquias galegas están dedicadas ao St André, e a peregrinaxe a St André de Teixido é máis antiga e máis importante espiritualmente que a peregrinaxe a Santiago, pois como dí o dito popular: "A Santo André de Teixido vai de morto quen non vai de vivo". Igualmente, a lenda da orixe da bandeira escocesa é idéntica á lenda galega da bandeira da Cruz de Santiago, xa que ambas as dúas tradicións contan que as bandeiras apareceron no ceo para dar a victoria ás tropas escocesas e galegas frente aos seus inimigos. Existe tamén unha tradición folclórica e política común entre escoceses e galegos ao respeito dos seus santos patróns. As lendas galegas e escocesas contan respectivamente que ámbolos santos foron enviados en barca ao fin da terra, e que St André puxo fin á súa viaxe ao chegar á costa escocesa, mentres que Sant-Iago parou a súa barca na finisterra galega. Igual que na cidade de Santiago, a actual cidade escocesa de St Andrews desenvolveuse arredor da Catedral construída para albergar as reliquias do Santo, converténdose nun importante centro de peregrinaxe e na capital ocasional do Reino escocés até a chegada dos cambios da reforma relixiosa protestante, ficando a capital finalmente en Edinburgo no séc.XV.
No séc.XVII os monarcas españois comezaron a outorgar bandeiras ás chamadas Provincias Marítimas dos seus reinos. A Coruña, como capital administrativa do Reino galego entre os sécs.XVI e XX, fíxose coa cruz en aspas de Santo André, do mesmo xeito que as bandeiras antigas da Irlanda (Cruz en aspas de San Patricio) e da Escocia (Cruz en aspas de Santo André). A cor da cruz galega de Santo André foi a cor azul, que era a cor histórica do Reino da Galiza. A cruz galega de Santo André foi sendo adoptada eventualmente como moderna bandeira galega desde mediados cara finais do século XIX. No ano 1891, o governo español modificou a cruz de Santo André galega para evitar confusións coa bandeira da mariña do imperio de Rusia, que tamén tiña como bandeira unha cruz diagonal azul sobre branco. A modificación consistiu en restarlle á cruz un dos seus dous brazos diagonais, resultando no formato da bandeira galega moderna. |
||
Bandeira histórica do Reino da EscociaA bandeira do Reino da Escocia, tamen coñecida como Lion Rampant é o estandarte histórico do rei escocés. A bandeira consiste nun león rampante vermello con lingua e uñas azuis, enmarcado nun dobre cadro floreado con flores de Lys, sobre un campo de bandeira dourado. A orixe exacta destas Armas é descoñecida. O folclore atribúe o león rampante ao Rei Fergus I, primeiro monarca gaélico da Escocia e descendente dos monarcas galegos da Brigantia, mais a teoría histórica comunmente aceitada é que este simbolo foi adoptado no séc.XII durante o reinado de William I, coñecido como William the Lion. O primeiro testemuño do león real escocés aparece no selo real de Alexander II, fillo de William the Lion, en data de 1222. A bandeira do Reino da Escocia foi utilizada como bandeira nacional escocesa até a Unión das Coroas da Escocia e Inglaterra en 1603 e a posterior fundación do Reino Unido da Gran Bretaña en 1707, época na que a bandeira de Santo André comezou a ser utilizada como bandeira nacional escocesa.
Igualmente, do mesmo xeito que o histórico Graal da Galiza foi recuperado e institucionalizado como símbolo de Estado pola Xunta de Galicia, o histórico León da Escocia está tamén institucionalizado como símbolo e estandarte do Xefe do Estado, honor que lle corresponde á Súa Maxestade Elizabeth II como Raíña do Reino Unido da Inglaterra, Escocia e Irlanda do Norte. A bandeira do Reino da Escocia e a lenda gaélica de Breogán O León é un símbolo típico na vexiloloxía europea, frecuentemente presente nas armas dos monarcas medievais, como por exemplo nos armoriais dos reis da Inglaterra, Noruega, Finlandia, Neerlandia, Escocia, e na antiga heráldica dos reis da Gallaecia. A tradición popular escocesa sobre a orixe da bandeira conta que o Lion Rampant era a antiga enseña armorial dos reis da Caledonia desde o mítico Rei Fergus I, que reinou sobre o ano 300 a.C, e que segundo as xenealoxías gaélicas escocesas procedía do Reino de Brigantia, na Callaecia. A lenda da orixe bergantiñá da bandeira dos reis da Escocia puido ter sido promovida polo rei Malcolm III no séc.IX a partir das tradicións xenealóxicas orais gaélicas que se consideran descendentes do rei Breogán, na Brigantia galega. O feito de que o león rampante sexa un símbolo que aparece tamén nas armas de clans irlandeses de orixe brigantina axudou a reforzar esta lenda gaélico-escocesa. A lembranza da orixe bergantiñá do pobo gaélico estivo moi presente na historia da Escocia. Esta lenda aparece mencionada na primeira e máis importante historia medieval do Reino escocés (a Chronica Gentis Scotorum) así como na célebre declaración de soberanía nacional dos nobres do Reino da Escocia (a Declaration of Arbroath), e tamén nas figuras de dous dos máis respeitados monarcas escoceses: O corazón do famoso rei escocés Robert de Bruce foi traído á terra dos seus lendarios devanceiros en peregrinaxe póstuma a Santiago de Compostela polo ano 1335, e o pretendente a rei Charles Edward Stewart da dinastía xacobista visitou cara o ano 1740 a cidade de Betanzos, antiga capital da Brigantia e reino dos seus devanceiros gaélicos. |
|||